martes, 14 de junio de 2016

Deseño do xogo

Co obxectivo de elaborar un produto final de temática xeográfica sobre Asia (medios físico, económico, humano e político) vamos pautar cales serán as bases do mesmo e de que vai dispoñer. O noso grupo decidiu levar a cabo un xogo de mesa, consideramos que é unha opción máis dinámica ca o formato dixital e oferta un abano de posibilidades máis amplio. Así é todo, esto é o que precisaremos:

Materiais:

Taboleiro co mapa de Asia, deben aparecer as capitais. Toda a superficie de xogo será unha gran cuadrícula e cada cadrado terá diferentes cores e símbolos que organizarán o avance dos participantes.
Tarxetas coas preguntas en 4 cores:
-Amarelo para o medio físico
-Azul para o medio político
-Rosa para o medio económico
-Verde para o medio humano


3.Peóns/Fichas
4. Dado para asignar as quendas.
5. Tarxetas co nome do país e a capital (estilo Monopoly)
6. Tarxetas sorpresa/especiais
7. Cronómetro ou reloxo de area


Instrucións:
1. É necesaria a participación de mínimo 4 xogadores, en caso de ser moitos, faranse grupos igualitarios.
2. Cada participante/equipo terá un dado e un peón ademais das tarxetas que gañe.
3. Para desprazarse polas casillas só hai que avanzar o número de cadrantes que apareza no dado.
4. Un alumn@ encárgase das cuestións.
5. A cuadrícula consta de cadrados das catro cores (correspóndese a unha pregunta), casillas para volver lanzar un dado ou dous dependendo do debuxo e tarxetas sorpresa.


Obxectivo:
Ser conquistadores por un día e conseguir colonizar o máximo número de países posibles (as capitais), quen obteña máis territorios gaña.


Regramento:
1. Cada xogador empeza nunha esquina do taboleiro.
2. Para poder conquistar unha rexión débense ter os puntos que se especifican na casilla da capital, para gañalos débense obter os puntos necesarios (cada tipo de tarxeta segundo o medio terá unha puntuación por resposta correcta:
-5 puntos o medio físico
-8 puntos o medio político
-10 puntos o medio económico
-4 puntos o medio humano.
Se o alumn@ decide colonizar un país, garda a tarxeta e cada vez que outro xogador caia na casilla da cidade conquistada, deberá darlle os puntos que se especifican na marxe superior da tarxeta ó propietari@
3. Para responder ás cuestións terán 1 minuto de reloxo, en caso de que exceda o tempo, conta como mal.
4. Se a resposta é correcta, ó que lle toque segue xogando e se é incorrecta, perde a quenda.
5. É posible a transferencia dun territorio se así o esixe a tarxeta sorpresa.
6. A partida acaba cando sexa conveniente, proclámase gañador/a aquel que logre extender as súas propiedades, para comprobalo sumaranse o valor de cada solar (puntos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario